1) "Este tres de setembro quedará na nosa memoria e lembrarémolo como un día especial. Rodeado de amigos e libros. Que máis se pode pedir?" (S.T)
2) "A letra caiu madura da árbore. Botou a andar e fixo camiño. Atopou outra letra e foron sílabas. Logo, formaron palabras na convivencia: eran casas, aldeas, ciadades; eran parágrafos. Pelexaban polos territorios. Polas páxinas en branco. Aquilo era un batifondo sen sentido. Acordaron inventar un árbitro e naceu a persoa lectora. Entón, as palabras foron plenas, creativas na ollada da lectura. Grazas Clube!!" (E.M)
3)"Troca-Libro por Lecer! 3/9/11.Grazaspor deixarmeformarparte deste día!"(F.M.S)
4) "Ler es BO" (Un meniño anónimo; :))
5)"Recomendación Literaria: "Os Tanatonautas" de Bernard Webber"(Anónimo)
6) "A lectura é moi boa" (Outro/a meniño/a anónimo/a)
7) "Una forma interesante de expandir la cultura" ( Tres persoas con sinatura ilexible; :))
8) "Moi boa iniciativa; ogallá quevaiaparaadiante e cada ano teña máis presenza. ¡Parabéns!" (N.M)
9) "Cando abrimos as tapas dunnovo libro...unha nova aventura, unhaviaxe inesperada comeza"(Anónimo)
10) "Me llamo Alba y me gusta un libro que se llama: "oriental, la hija del curandero" (Alba)
11) "Despois de levantarme unha tapa de callos e unha boa lectura,¡Un día GRANDE!" (Outra sinatura ilexible)
12) " Es una buena inicativa que sería bueno continuar lo más pòsible" (O primeiro asistente ao troco. Ao que chamaremos O Inaugurador!)
"O Troca-libro" é un proxecto nacido no seo do Clube de Lectura Abastos co único e principal obxectivo de promover o pracer de ler ao través do libre troco de todo tipo de obras literarias entre amantes e afeccionados á lectura. A primeira edición deste proxecto está subvencionada pola Consellería de Traballo e Benestar a través da dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, dentro do Programa Iniciativa Xoven.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario