miércoles, 31 de agosto de 2011

Carteleríaaaa!

Os cartaces de publicidade do trocalibro colocados xa por todo o centro de Salceda de Caselas. Se os ves, párate un chisco e bota unha ollada á programación!!!

miércoles, 24 de agosto de 2011

EN SETEMBRO... VOLTAN OS LIBROS!!!

Amigos e amigas:


A primeira edición do "Trocalibro" xa ten lugar e data:

Será na Praza do Concello de Salceda de Caselas, o día 3 de setembro en horario de 11.00 h. a 20.00 h.
Se che gustan os libros e a lectura poderás disfrutar dun día literario!!!
Trae os teus libros usados que non queiras conservar e trócaos por outros que estás desexando ter nas túas mans.
Atoparás en Salceda unha praza con cheiro a libro, a palabras fermosas, a historias incribles ... e poderás pasar un día rodeado de xente que comparte unha paixón. Falamos da paixón pola lectura. Sexan cales sexan os teus gustos literarios terás o teu lugar no Trocalibro.
- Terás á túa disposición un Recuncho no que poder deleitar aos/ás asistentes coa lectura do teu relato, poema, ou estracto de lectura favorito.
- Poderás dar renda solta á túa creatividade nos obradoiros de creación de Microrelatos (primeira sesión ás 12.00 h e segunda sesión ás 17.00 h)
- Cativos e cativas / Non tan cativos e non tan cativas terán a oportunidade de deleitarse coas historias do Contacontos Adreu Chapeu! (ás 18.00 h)
... E para os/as máis nostálxicos/as: un Taboleiro dos Recordos, para que nos regales un recordo persoal; algo evocador que nos faga sentir a todos o mesmo que ti sintes. Non vos aconteceu nunca de sentir o cheiro a goma de borrar e de súpeto trasladarte aos primeiros días de clase no parbulario????

Se vos perdedes este evento perderedes a oportunidade de pasar un día agradable como poucos!!