"O Troca-libro" é un proxecto nacido no seo do Clube de Lectura Abastos co único e principal obxectivo de promover o pracer de ler ao través do libre troco de todo tipo de obras literarias entre amantes e afeccionados á lectura. A primeira edición deste proxecto está subvencionada pola Consellería de Traballo e Benestar a través da dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, dentro do Programa Iniciativa Xoven.
viernes, 2 de septiembre de 2011
TESTEMUÑAS DO PRACER DE LER...
Abre...epasa sen chamar. Cóntanos a túa impresión sobre o Troca-Libro; fai a túa suxestión; Aconsella o teu libro; dinos algo fermoso; dinos o teu nome, ou se o prefires, o teu alcume. Nas túas palabras está agochada a verdadeira historia do Troca-Libro. Escribe, debuxa, pinta... E ao rematar, por favor, pecha. xa se sabe que as palabras son moi amigas do vento... GRAZAS!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario