domingo, 4 de septiembre de 2011

E logo de rematado o Troca-Libro... Aquí vos deixamos as "Testemuñas do pracer de ler"

1) "Este tres de setembro quedará na nosa memoria e lembrarémolo como un día especial. Rodeado de amigos e libros. Que máis se pode pedir?" (S.T)

2) "A letra caiu madura da árbore. Botou a andar e fixo camiño. Atopou outra letra e foron sílabas. Logo, formaron palabras na convivencia: eran casas, aldeas, ciadades; eran parágrafos. Pelexaban polos territorios. Polas páxinas en branco. Aquilo era un batifondo sen sentido. Acordaron inventar un árbitro e naceu a persoa lectora. Entón, as palabras foron plenas, creativas na ollada da lectura. Grazas Clube!!" (E.M)

3)"Troca-Libro por Lecer! 3/9/11.Grazaspor deixarmeformarparte deste día!"(F.M.S)

4) "Ler es BO" (Un meniño anónimo; :))

5)"Recomendación Literaria: "Os Tanatonautas" de Bernard Webber"(Anónimo)

6) "A lectura é moi boa" (Outro/a meniño/a anónimo/a)

7) "Una forma interesante de expandir la cultura" ( Tres persoas con sinatura ilexible; :))

8) "Moi boa iniciativa; ogallá quevaiaparaadiante e  cada ano teña máis presenza. ¡Parabéns!" (N.M)

9) "Cando abrimos as tapas dunnovo libro...unha nova  aventura, unhaviaxe inesperada comeza"(Anónimo)

10) "Me llamo Alba y me gusta un libro que se llama: "oriental, la hija del curandero" (Alba)

11) "Despois de levantarme unha tapa de callos e unha boa lectura,¡Un  día  GRANDE!" (Outra sinatura ilexible)

12) " Es una buena inicativa que sería bueno continuar lo más pòsible" (O primeiro asistente ao troco. Ao que chamaremos O Inaugurador!)

No hay comentarios:

Publicar un comentario