domingo, 4 de septiembre de 2011

Moitas grazas tamén aos que compartiron os seus recordos... Aquí unha mostra:

1) "Lembro a primeira vez que me gastaron unha broma, e non me fixo ningunha gracia!!" (I.M)

2) "Recuerdo la primera vez que empecé el cole" (Alba)

3) "Dos historias. Dos caminos... Un lugar. Una vida" (M. Belén)

4) "Lembroun ano de campamento que atopamos un golfiño morto e medio podre" (Lía)

5) "Será que nonprecisas nome, amigo, amiga.Seráque non hai nome quete nomee xa.Será, se cadra, que cada vez que dicía o teu nome, se me secaba a boca. E quedaba sen auga; sen saliva que verquer. Sen máis nada que beber que ese sentimento que me transcorría os beizos cada vez que pronunciaba o teu nome: Irene, Álex, Eva, Mónica..." (S.T)

6) "Búscame un lugar donde se pueda ver el mar" (Anónimo)

7) "Lembro cando este lugar e este momento eran meus... Esta praza e o verán eran meus... Eramos moi poucos os rapaces e rapazas donos e donas deste recuncho de Salceda, onde facíamos o que non se podía facer e xogábamos ao que non se podía xogar... Que felices eramos!" (Anónimo)

8) "Aínda recordo a primeira vez que sentei da disfrutar dun bo libro. Era un neno, pero conseguín un lazo que non se romperá xamis" (Fran Martínez)

9) "Lembro o primeiro día da escola. Houbo xente que me fixo rir e outra que me fixo chorar. Quérovos amigos" (Anónimo)

10) "Recordo con desesperación a primeira película que non vin: Mary Poppins... non penso vela nunca, nunca." (Anónimo)

11) "Recordo perfectamente a primeira película que vin no cine: Mary Poppins!!" (I.M)

12) "Recordo o recordo tan lonxano que nin recordo. Por veces esfórzome e consigo atisbar un segundo de recordo; doe, doe...moito. Son alguén sen recordos." (Asdo: Alzeimer)

13) "Recuerdo la mirada de despedida de mi perra; nunca la olvidaré." (Isa)

14) "Recordo a primeira vez que tiven unha mascota; aínda vive hoxe comigo...é o meu can e chámase TUCHO!!" (Anónimo)

15) "Lembro a primeira vez que fun en avión. ¡Que emoción!; ¡Que bonito!" (Anónimo)

16) "Lembro cando te quería e non o sabía; pasaron noites e días vagando por ríos e rías ata caer na conta que a vida é unha movida de carallo callo!" (Sabino)

17) "Recuerdo la primera vez que te vi; ya te quería incluso antes de haberte visto...pese a todo no pude evitar pensar "Qué feo es". Pero ya no podía apartar mi mirada de ti, no podía dejar de sonreir... y en mi corazón crecía un amor tan grande como de aquí a Valladolid" (Mónica)

18) MENCIÓN ESPECIAL!!!!!!!!!!!!! Grazas a Joaquín por esta lembranza!: " Recuerdo un momento que no viví" (Joaquín).

19) "Lembro a primeira vez que fun á festa soa e que, sen querer, caín nunhas escaleiras, e estiven case unha semana coa man vendada. unha experiencia que nunca vou esquecer" (Mar)

20) "Reccordo o día que me dixeron que era fría. Sentín orgullo. E máis o día que me dixeron aque me necesitaban. Atopei nestas dúas verbas a miña esencia: Son unha gota de auga fría e necesaria." (Eva M).

21) "Recuerdo el último beso que te di aquella mañana triste. Recuerdo cuánto lloré aquel día; te receurdo cada día abuela; te quiero." (Mónica)

22) "O meu primeiro recordo é... é algo físico. lembro a sensación de facerme maior, porque lembro as miñas perniñas metidas entre os barrotes do meu berce. Cando aínda durmía na habitación dos meus pais" (I.M)

23) "Recordo a primeira vez que marchaches, pero tamén cada vez que volves ou que nos rencontramos. Non falla, sempre hai bágoas, pero das boas, de felicidade." (De Noe para Ana).

24) " Los libros son auténticos compañeros del alma que te hacen pensar con el corazón y sentir con la cabeza" (Anónimo de sinatura ilexible).

25) " Non, non e non!! Non quero lembrar cando fun a primeira vez ao cinema!" (Anónimo).

26) " Aínda lembro, como se fora onte, que a túa chegada á casa era un momento máxico. lembro tamén que a túa partida era un momento dramático. Pero lembro, sobre todo, que durmir contigo, no mesmo leito, compartindo a respiración; a sístole, a diástole, afastábame do mal e vivía nunha eterna seguridade." (Smln Tsmchnd).

27) " Lembro a primeira vez que fun a Xanadú! Chillaba tanto ao camareiro que me puxo mala cara e hoxe en día é o meu marido" (Anónimo/a).

No hay comentarios:

Publicar un comentario