Amigos e amigas:
A primeira edición do "Trocalibro" xa ten lugar e data:
Será na Praza do Concello de Salceda de Caselas, o día 3 de setembro en horario de 11.00 h. a 20.00 h.
Se che gustan os libros e a lectura poderás disfrutar dun día literario!!!
Trae os teus libros usados que non queiras conservar e trócaos por outros que estás desexando ter nas túas mans.
Atoparás en Salceda unha praza con cheiro a libro, a palabras fermosas, a historias incribles ... e poderás pasar un día rodeado de xente que comparte unha paixón. Falamos da paixón pola lectura. Sexan cales sexan os teus gustos literarios terás o teu lugar no Trocalibro.
- Terás á túa disposición un Recuncho no que poder deleitar aos/ás asistentes coa lectura do teu relato, poema, ou estracto de lectura favorito.
- Poderás dar renda solta á túa creatividade nos obradoiros de creación de Microrelatos (primeira sesión ás 12.00 h e segunda sesión ás 17.00 h)
- Cativos e cativas / Non tan cativos e non tan cativas terán a oportunidade de deleitarse coas historias do Contacontos Adreu Chapeu! (ás 18.00 h)
... E para os/as máis nostálxicos/as: un Taboleiro dos Recordos, para que nos regales un recordo persoal; algo evocador que nos faga sentir a todos o mesmo que ti sintes. Non vos aconteceu nunca de sentir o cheiro a goma de borrar e de súpeto trasladarte aos primeiros días de clase no parbulario????
Se vos perdedes este evento perderedes a oportunidade de pasar un día agradable como poucos!!
Ali estaremos trocando libros con todo o nos o KoKoro!
ResponderEliminarBicos a feixes!
O Kokoro poñémolo en todo o que facemos... E se falamos de palabras e de historias...máis!
ResponderEliminarUn bico enorme para o Kokoro enteiro!
Ola!
ResponderEliminarsomos novos na zona, pero isto era o que buscaba... a ver se podemos pasarnos por ahí Ppor certo, que é o Clube de Lectura Abastos?
un saúdo
Ola!!! qué tal (Sean MacGregor);
ResponderEliminarpois o clube de Abastos é un clube de lectura que temos unha serie de amigos/as no Porriño. Reunímonos unha vez ao mes (porque cada un é dun sitio diferente: Vilanova de Cerveira, Ourense, Porriño, A Guarda...) e polo xeral un domingo de trade.
Por suposto que se che interesa, o sábado, no Trocalibro podemos falar. Comezamos de novo as quedadas a partir de setembro! Coma o cole.
Agardamos verte en Salceda o día 3 cos teus libros usados!
Unha aperta.
Ola de novo.
ResponderEliminarLamento dicir que por motivos de traballo non poderei achegarme a Salceda o sábado (curiosamente estarei con un de Salceda en Santiago de Compostela).
Seguirei o voso blog e moita sorte o sábado
E moitas felicidades por estas eniciativas, merecen a pena.